martes, 31 de marzo de 2020

Un repaso sempre vén ben

Non todo vai ser traballar no libro ou nas fichas...Tamén podemos repasar as diferentes materias dunha maneira máis divertida a través de páxinas web ou aplicación que hai na rede.

Para os que xa rematástedes todas as tarefas, podedes aproveitar estes días para practicas con estes xogos que a continuación vos propoño.

Recordade tamén que en anteriores publicacións vos ensinei unhas aplicacións moi entretidas que podedes empregar.

A Consejería de Educación da Junta de Castilla y León, na súa web de recursos para o alumnado, preséntanos unha serie de XOGOS INTERACTIVOS moi entretidos para repasar diferentes contidos de MATES: fraccións, números decimais, cálculo, medida, etc.




Por outro lado, o Ministerio de Trasnporte creou un recurso moi interesante que nós podemos empregar para repasar algúns dos contidos que estamos a traballar no tema 4 de CIENCIAS SOCIAIS  sobre a organización territorial de España.


Entra e anímate a participar! 
Fai click na imaxe para acceder a cada web.

A miña casa é un zoo!!

Ola a todos e todas!

Hoxe traivos unha ferramenta moi divertida!

A quen non lle gustaría ter un tigre na súa casa ou un tiburón nadando polo salón?


Pois agora isto é posible grazas á REALIDADE AUMENTADA!

Cun teléfono móbil e a aplicación Google Chrome, poderás ver aos novos habitantes da túa casa.

Se tes estas dúas ferramentas, é moi sinxelo!!

Segue as instruccións que a web AULAS GALEGAS nos facilita. Entra na súa web premendo sobre o nome e segue os pasos que indican.


Ten coidado! Non vaia ser que os animais estean tan contentos que se queden a vivir na túa casa! ;)

luns, 30 de marzo de 2020

Afía o lapis e... a debuxar!

Ola a todos e todas!

Comezamos nova semana!! Vamos a por ela!!

Deste vez...sacade as cores...pois imos a debuxar!

Na imaxe que vos deixo hai unha descripción dunha personaxe. Despois de lela detidamente, e fixándose moi ben nas características do ser que describe, ides facer o seu DEBUXO. Ao rematar, non vos esquezades de colorear! 

Cando terminedes a vosa obra de arte enviádea ao correo quintosionlla@hotmail.com. Podedes facerlle unha foto co mobil ou coa tablet ou tamén escaner o folio, como cada un prefira.



(Pincha na imaxe para que a poidas ver máis grande)


Veña!! Afiade os lapis e a debuxar!!

sábado, 28 de marzo de 2020

Non te esquezas de...

Ola a todas e todos!

Xa que hoxe é sábado, quería facer un recordatorio de todas as actividades que temos en marcha!

Acorádevos que hai activo un RETO MATERMÁTICO, onde xa participástedes moitos de vós! Estou moooi contenta cos resultados! Nuns días poñerei a solución do reto.

Tamén podedes participar no concurso de TRABALINGUAS! Recibín xa varias gravacións! E a todoas lles sae moi moi ben!!

Pero sobre todo, quería recordar o concurso que dende a biblioteca do cole está activo con motivo do Día da Poesía. Dentro do blog da biblio podedes encontrar tamén unha entrada con diferentes poemas que podedes escoller para enviar a vosa gravación.

A continuación déixovos o enlace para acceder ao concurso. Fai "click" na imaxe para ir ao blog da biblio.

Ah! E por suposto recordarvos que no blog de MÚSICA da profe Ana tedes moitas ideas e actividades estupendas para pasar mellor estes días na casa.

Que teñades unha boa fin de semana!! 
Unha aperta forte para todos!! :)

xoves, 26 de marzo de 2020

DÁLLE Á LINGUA!

Ola de novo a todas e todos!

Hoxe traivos unha actividade moi especial...sempre vos estou a dicir na clase que temos que gardar silencio para traballar, non sí? Pois hoxe todo o contrario! Debedes dárlle a lingua sen parar!!

Imos facer un concurso de TRABALINGUAS!! 👅

Pero...que tedes que facer?

Primeiro, escollede un ou varios dos trabalinguas que vos deixo a continuación.

Despois, deberedes practicar moito e cando xa pensedes que tendes a lingua controlada...a gravar! Pide axuda aos teus pais ou irmáns e grávate recitando o trabalinguas (sempre coa autrorización dos maiores).
Pode ser unha gravación de audio ou de video, cada quen como prefira.

Por último, enviádema ao correo quintosionlla@hotmail.com. Con todas as que reciba farei un recompilatorio que veremos e escoitaremos nuns días aquí no blog.

A ver como andan as vosas linguas estes días!! Animádevos a participar!


mércores, 25 de marzo de 2020

AVISO!


Bos días a todos/as!

Como sabedes, o período de suspensións das clases amplíase, polo menos, mentres dure o estado de alarma.

Polo tanto, para poder poñerme en contacto directo con cada un de vós, necesitaba os vosos correos electrónicos. Así, podo enviarvos as correccións de exercicios que xa fixestes ou poñer máis traballo, se esta situación se segue alongando no tempo.

Pido, por favor, que cada un dos que aínda non me escribistes, que me envíe un correo á dirección quintosionlla@hotmail.com para poder ter así o voso contacto vía email.

Moitas gracias!

luns, 23 de marzo de 2020

RETO MATEMÁTICO

Ola a todos e todas!!

Estades listos??? Hoxe traio unha proba moi complicada...a ver quen o consegue!!

Preséntovos o primeiro reto matemático do blog....TACHÁAAN!

Debedes ir solucionando cada diapositiva antes de pasar á seguinte.

Cando rematedes...ssshhhh!!! Non poñades o resultado nos comentarios para que os demais non o averigüen tan fácil.

Tendes ata o próximo luns para enviar os resultados ao correo. ANIMÁDEVOS  A PARTICIPAR!!


Moita sorte a todos...QUE COMECE O RETO!


domingo, 22 de marzo de 2020

DIA MUNDIAL DA AUGA


Hoxe, día 22 de marzo celébrase o Dia Mundia da Auga. Pero, por que se lle dedica un día a este elemento? Para recordarnos a todas e todos a importancia deste recurso natural.

A auga é un ben moi prezado, pois é fundamental para a vida de todos os seres vivos na Terra. Por iso nos debemos concienciar de que temos que facer un uso responsable dela para que non se esgote.
Aquí vos deixo algunhas pequenas accións que podemos facer nas nosas casas diariamente para coidar a auga do planeta.


Ademais, a auga tamén é un elemento químico cunhas características moi peculiares. Por exemplo, é o único elemento na Terra que se atopa nos tres estados (sólido, líquido e gaseoso), non ten sabor, nin cor, nin olor, é conductora da elecetricidade...e outras moitas calidades. Por iso, tamén serve en Ciencia para explicar moitos procesos que ocorren na natureza, mediante experimentos usando auga.

Déixovos a continuación un vídeo con experimentos sinxelos que podedes facer nestes dias. Sempre coa autorización dos vosos pais, por suposto! 
Se realizades algún, non dubidedes en facer fotos (tamén co permiso da vosa familia) e mandalas ao correo! Así podemos ver como practicades!




Unha aperta forte pandilla! Vémonos pronto! :)

venres, 20 de marzo de 2020

Xogamos?



Ola a todos e todas!
Que tal van pasando estes dias? Ánimo! Sodes uns campións! Facendo caso a todo o que nos din as autoridades, seguro que rematamos con este virus rapidamente!

Mentres tanto, e xa que se aproxima a fin de semana, vouvos recomendar catro aplicacións de xogos para pasar mellor o tempo coas vosas familias.

Aí van...

eTABU: trátase dun xogo en equipo, onde unha persoa debe explicar unha palabra e o resto do equipo ten que adiviñala...pero non pode empregar nin xestos, nin as palabras prohibidas, senón perde!

PAPER: é unha aplicación de debuxo, onde podes deixar voar a túa imaxinación e converterte nun verdadeiro artista!

MATH FIGHT: demostra o rápido que es no cálculo e gañalle a partida ao teu contrincante! Este é un xogo para xogar en parellas, e practicar as matemáticas.

CRANTAL: é unha aplicación para xogar individualmente, pero moi divertida. A través das matemáticas, debes ir superando retos para poder acceder a novos xogos. A ver cantos niveis acadades!

Por certo, estade moi atentos ao blog a próxima semana...

Unha aperta pandilla!!

PD: espero os vosos correos electrónicos contándome que tal estades, como van pasando eses dias, dudas cos exercicios, ou simplemente saudar á vosa profe!

mércores, 18 de marzo de 2020

Un pouco de relaxación...


Para rematar o dia, un pouquiño IOGA!! Así facemos exercicio e ademais reláxamonos... Dádelle ao play!!

Podedes facer algunha foto practicando, enviarma ao correo quintosionlla@hotmail.com e despois súboas ao blog para que todos os compañeiros/as vexan como practicades!

Ánimo con iso! Ata mañá pandilla!

PLAN DE TRABALLO... Como o fago?

Ola de novo a todas e todos!

Como vistes, xa está na web do cole a dirección para este blog.
Esta publicación vai dirixida a aclarar as dúbidas que podedes ter co plan de traballo.

Como sabedes, avisaron con moi pouco tempo a suspensión das clases, polo que os porfes tivemos que organizarnos moi rápidamente e non coa calma e o tempo que desexaríamos.
O plan de traballo NON é para facer nunha sóa semana, é para ir realizando nas vindeiras semanas, ata as vacaións de Semana Santa. Non vos agobiedes se non vos dá tempo a rematar algunha actividade, esta é unha situación nova para todos.

Cada día traballade un tempo nas cousas de clase, para non perder o ritmo de traballo e non nos esquecer do aprendido! Pero tamén aproveitade para ler algún libro, xogar, debuxar, aprender a manexar mellor o ordenador, facer algo de exercicio con tutoriais de internet...

E por suposto, contactade comigo a través do correo electrónico sempre que o precisedes!!

Ánimo para estes dias pandilla! Nós podemos con todo!! ;)

EduClan...para divertirnos e aprender




Na web EduClan podedes encontrar videos moi interesantes sobre contidos das áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. Entra pinchando sobre o nome ou no enlace que vos deixo a continuación. Seguro que aprendedes moitas cousas novas! 

https://www.rtve.es/infantil/series/educlan-9-10-anos/

martes, 17 de marzo de 2020

BENVID@S!!


Queridos/as alumnos e alumnas, estimadas familias:
Son Patricia, a vosa titora. Creo este blog para que poidamos estar un pouco máis en contacto (ademais do correo electrónico quintosionlla@hotmail.com) e que estes dias separados se fagan máis fáciles!
Inicialmente irei publicando actividades que fomos facendo ao longo do curso, tamén materiais moi interesantes que hai na rede e que vos poden servir para aprender e para entreterse ao mesmo tempo. Haberá ademais algunha actividade, que será, na súa maioría, para responder de forma voluntaria.
En canto ao traballo das diferentes materias, xa todos sabedes o que tedes que facer e tedes o material necesario. Non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico sempre que o necesitedes!!
Esta é unha situación nova para todos, á que nos temos que ir adaptando segundo vaia pasando o tempo.
Espero os vosos comentarios no blog!
Unha forte aperta para todos! ;)