mércores, 18 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO... Como o fago?

Ola de novo a todas e todos!

Como vistes, xa está na web do cole a dirección para este blog.
Esta publicación vai dirixida a aclarar as dúbidas que podedes ter co plan de traballo.

Como sabedes, avisaron con moi pouco tempo a suspensión das clases, polo que os porfes tivemos que organizarnos moi rápidamente e non coa calma e o tempo que desexaríamos.
O plan de traballo NON é para facer nunha sóa semana, é para ir realizando nas vindeiras semanas, ata as vacaións de Semana Santa. Non vos agobiedes se non vos dá tempo a rematar algunha actividade, esta é unha situación nova para todos.

Cada día traballade un tempo nas cousas de clase, para non perder o ritmo de traballo e non nos esquecer do aprendido! Pero tamén aproveitade para ler algún libro, xogar, debuxar, aprender a manexar mellor o ordenador, facer algo de exercicio con tutoriais de internet...

E por suposto, contactade comigo a través do correo electrónico sempre que o precisedes!!

Ánimo para estes dias pandilla! Nós podemos con todo!! ;)

5 comentarios:

  1. Hola profe no entiendo como hacer el esquema resumen de CCSS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Carlota, mañá envíoche un correo e xa che explico. Un saúdo

      Eliminar
  2. Hola profe! Ya acabe todas las fichas y ejercicios del libro.
    Solo me falta estudiar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Carlota! Agora podes aproveitar para facer as actividades que che falten das que propoño no blog. Saúdos :)

      Eliminar

Non esquezas poñer o teu nome!