sábado, 28 de marzo de 2020

Non te esquezas de...

Ola a todas e todos!

Xa que hoxe é sábado, quería facer un recordatorio de todas as actividades que temos en marcha!

Acorádevos que hai activo un RETO MATERMÁTICO, onde xa participástedes moitos de vós! Estou moooi contenta cos resultados! Nuns días poñerei a solución do reto.

Tamén podedes participar no concurso de TRABALINGUAS! Recibín xa varias gravacións! E a todoas lles sae moi moi ben!!

Pero sobre todo, quería recordar o concurso que dende a biblioteca do cole está activo con motivo do Día da Poesía. Dentro do blog da biblio podedes encontrar tamén unha entrada con diferentes poemas que podedes escoller para enviar a vosa gravación.

A continuación déixovos o enlace para acceder ao concurso. Fai "click" na imaxe para ir ao blog da biblio.

Ah! E por suposto recordarvos que no blog de MÚSICA da profe Ana tedes moitas ideas e actividades estupendas para pasar mellor estes días na casa.

Que teñades unha boa fin de semana!! 
Unha aperta forte para todos!! :)

1 comentario:

  1. Que ben nos veñen os recordatorios, Patri! Gracias por todo. Eu espero encantada a participación da vosa aula.
    Ánimo e unha aperta para todo o alumnado fantástico de 5º e tamén para a súa estupenda profe!
    :)

    ANA

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome!