sábado, 18 de abril de 2020

A por outro RETO MATEMÁTICO

Ola a todos e todas!!

Estades listos?...Hoxe traivos un novo RETO MATEMÁTICO!
Esta vez é diferente...entrade e descubrídeo vós mesmos!

Iso si, antes debo darvos algunhas recomendacións...
- Podedes entrar na presentación tantas veces como queirades, non hai tempo!
- Se premedes na esquina inferior dereita (onde hai 3 puntiños), e despois no debuxo das dúas frechas, poderedes ver a presentación en grande.
- Ide páxina a páxina...e non esquezades anotar ben os resultados do que averiguástedes.

Por último, cando consigades resolver este complexo reto, escribide as solucións nun word ou no propio correo electrónico e enviádemo á dirección de sempre (quintosionlla@hotmail.com)

Pois...a que esperades?
Collede papel e lapis e a dárlle á cabeza!! 

3 comentarios:

  1. Profe ya acabe el reto.Fue muy divertido!

    ResponderEliminar
  2. Hola profe son Adri , xa acabei o reto foi moi divertido e interesante

    ResponderEliminar
  3. Xa recibin as vosas respostas! Alégrame moito que vos gustase! ;)

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome!