luns, 20 de abril de 2020

Dia do LIBRO

O próximo xoves, día 23 de abril, é un día moi importante, pois celébrase o DÍA DO LIBRO, para recordarnos a importancia da lectura e dos libros nas nosas vidas.

Hoxe máis que nunca, mentres estamos nas nosas casas sen poder saír, os libros permítennos viaxar a lugares sorprendentes e vivir aventuras incribles! Ademais, fannos pasar uns momentos moi agradables e entretidos!

Para saber se sodes uns expertos lectores, o equipo da biblioteca do cole, dende o seu blog, propoñen un PASAPALABRA moi divertido! Entra na publicación pinchando na imaxe e anímate a resolvelo...así poderás saber canto coñeces sobre os libros!!


Ademais, gustaríame ensinarvos algunhas ideas de MARCAPÁXINAS que podemos facer nós mesmos para sinalar a páxina onde paramos do libro que esteamos ler. Algúns compañeiros e compañeiras da clase xa saben como se fan algúns deles...e quedan ben bonitos! Déixovos a continuacións uns tutoriais con modelos diferentes.

Con este vídeo aprenderás a facer un marcapáxinas para poñer na esquina da folla:




Este outro, ensínanos a facer marcapáxinas cun pompón. Se dispós dunha pouca la na túa casa poderás facer un bonito marcapáxinas. (Truco: para facer o pompón tamén podemos empregar un tenedor, pola parte coa que pinchamos a comida)


Por suposto, se vos animades a facer algunha destas manualidades, non vos esquezades de enviarme o resultado ao correo de sempre (quintosionlla@hotmail.com). Pois gústame moito ver os vosos traballiños!

LEDE MOITO ESTES DÍAS E RECORDADE...


7 comentarios:

  1. Hola profe acabamos ahora el pasapalabras.Solo fallamos 3 preguntas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben!! Con ese resultado está claro que sodes unhas expertas lectoras! Noraboa!

      Eliminar
  2. Hola profe acabamos ahora el pasapalabras.Solo fallamos 3 preguntas!

    ResponderEliminar
  3. Hola profe son Adri , encantoume o pasapalabra non fallei ningunha

    ResponderEliminar
  4. Hola soy Sara acabé el abecedario sin ningún fallo

    ResponderEliminar
  5. Hola profe. Antia y yo acabamos de hacer el juego de preguntas y no tuvimos ningun fallo.Fue muy divertido.

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias a todas por participar!! Con eses resultados, vexo que sodes unhas expertas lectoras! Moi ben, seguide así!! Unha aperta moi forte

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome!