venres, 1 de maio de 2020

Benvido maio!

Comezamos un novo mes...pero non é un mes calquera! MAIO é o mes das flores, que nos indican que o inverno xa pasou e que o mellor está por vir...e ademáis é o mes das nosas letras, das letras galegas.



Para darlle a benvida, no blog da biblioteca propóñennos celebrar a Festa dos Maios.
Aínda que esteamos lonxe da escola, podemos engalanar as fiestras da nosa casa coas flores que podedes encontrar no blog e cantar unhas coplas que a profe Ana nos propón no blog de música.
Entrade e animádevos a participar.


Ademais, deixo aquí un PUZZLE moi primaveral...a ver que é capaz de montalo!
(Unha pista: premendo no icono da imaxe, abaixo á esquerda, poderás ver como é).
Non te esquezas de deixar o teu comentario e cóntanos se o puideches rematar e se che gustou facelo!




Tamén podedes descargar este MANDALA e colorealos con moitas cores brillantes e alegres, pois estamos na estación do ano de máis color nas nosas paisaxes!


A desfrutar dun novo mes!




8 comentarios:

  1. Hola profe son Adri, gustoume moito o puzzle . Foi moi chulo
    Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome moito de que o fixeras e de que che gustara! Unha aperta Adri :)

      Eliminar
  2. Hola profe, no lo hizo Enrique, pero si Laura q le encantan los puzzles!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! Por suposto, estas actividades son para todos! Noraboa a Laura por conseguir montar o puzzle! Saúdos

      Eliminar
  3. Ola son Sonia. Gustoume moito o puzzle. Fíxeno varias veces.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Hola a, son Lucía. Foi mol entretido e a imaxe é mol bonita.

    Besos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lucía, que alegría saber que che gustou a actividade! Apertas :)

      Eliminar

Non esquezas poñer o teu nome!