mércores, 27 de maio de 2020

Estades listos para a videochamada?

Ola a todos e todas,

Mañá é o día!! Por fin nos imos ver...aínda que sexa a través do ordenador!

Neste momento todos tivestes que recibir no voso correo unha mensaxe cunha invitación para unirse a unha reunión con WEBEX. No correo que vos chegou aparecía isto (coas claves, aquí están borradas):
Se non vos chegou, mirade en spam, pois non se envía dende o mesmo correo de sempre. Se aí tampouco está, escribídeme ao correo antes das 11:30, para poder solucionar o problema.

Para conectarnos e poder facer a videochamada, mañá xoves, sobre as 12, entrade nese enlace, ou metede en Webex os datos que vos solicitan. A reunión non comezará ata que eu me conecte, pois son a organizadora.

Ao igual que vos mandei por correo, déixovos aquí o vídeo onde explican como debedes facer para poder conectarvos.



Para o seu desenvolvemento estableceremos quendas de palabra, pois se falamos todos a vez non nos imos entender. Pensade que cousas tedes ganas de contarlles aos vosos compañeiros e compañeiras!
Vémonos mañá as 12!! 

2 comentarios:

  1. Hola profe son Andrea estou deseando que chegue maña para falar con todos os da clase
    Unha aperta!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola profe son Adri estou moi contenta de que chegue maña , o dia da videochama
    Grazas por xuntarnos . Unha aperta enorme

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome!