luns, 11 de maio de 2020

ORIGAMI

Ola a todos e todas!

Hoxe traivos unha tarefa de MANUALIDADES, a ver quen é o máis habilidoso dobrando papel!
Si si, dobrando papel...esta técnica para crear figuras en 3D chámase papiroflexia ou origami.

É unha técnica moi antiga, con orixe na China. Con ela, podemos crear diferentes figuras só facendo dobreces ao papel, sen precisar doutras ferramentas como tesoiras ou pegamento.

Neste caso, para a materia de PLÁSTICA, deberedes elaborar dúas figuras diferentes mediante esta técnica.
Tedes ata o VENRES 22 DE MAIO para enviar unha foto do voso traballiño.
Déixovos a continuación unha presentación con exemplos e uns videos onde podedes ver como se fan  figuras diferentes.
 ESPERO QUE VOS GUSTEN!






2 comentarios:

  1. Hola profe son Adri unha pregunta . Hai que copiar algúns dos exemplos que puxeches ou buscar nos outro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Adri! Podes facer os que eu vos deixei de exemplo, pero se atopas outos que che gusten máis tamén os podes facer. Como ti prefiras. Unha aperta :)

      Eliminar

Non esquezas poñer o teu nome!