venres, 19 de xuño de 2020

Chegou o día da despedida...

Ola a todos e todas!
Chegou o día...hoxe remata o curso 2019-2020!! E con el a vosa etapa en 5º de primaria!

Agora só vos queda un aniño no cole, xa sodes os maiores! Oxalá poidamos volver en setembro ás aulas e disfrutar do cole e dos compañeiros e compañeiras como fixemos sempre!

Quero dicirvos que estou moi contenta de ser a vosa profe e que sodes un grupo estupendo!! Durante este período desde que remataron as clases presenciais tivestes que aprender a manexar os medios tecnolóxicos moi rápido e traballar moitas veces vós soíños! Fixestes un gran esforzo durante moitos meses e eu estou moi contenta por iso!

Pero antes de que se acabaran as clases, pasamos moi bos momentos na escola todos xuntos!
Espero que vos guste moito este VÍDEO que preparei para vós con moito cariño...
Sodes un gran grupo! Seguide sempre así! 


Agora toca descansar e disfrutar moito do verán.
Que pasedes unhas MOI FELICES VACACIÓNS!!!

Unha aperta enorme da vosa profe :)




4 comentarios:

  1. Hola profe encantoume o vídeo recordei moitas cousas oxala esteas para o ano e se non estas vasnos vir visitar se non estas vamoste votar moito de menos apertas e BO verán ��

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias polas túa palabras Sabela! Eu tamén vos botarei moito de menos! Ti segue sempre así, es unha nena moi traballadora e moi responsable do teu traballo! Noraboa por este curso e por traballar tanto durante a cuarentena! Un bico moi grande, FELIZ VERÁN :)

      Eliminar
  2. Hola profe son Adri gustoume moitisimo o video puiden recordar todos os recordos da escola , como di Sabela vamoste botar moito de menos senon estas no cole .
    Mil apertas enooormes . E que pases un BO VERAN

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias polas túas palabras Adri! Como profe, ler estas mensaxes énchenme de alegría! Eu tamén vos botarei moito de menos! Segue sempre así, es unha nena encantadora e moi traballadora! Dígoche o mesmo que á túa compi Sabela, noraboa por este curso e por traballar tanto durane a cuarentena! Que pases un bo verán! Unha aperta moi forte :)

      Eliminar

Non esquezas poñer o teu nome!