mércores, 17 de xuño de 2020

Creando recordos


Ola a todos e todas!

Achégase o final do curso e non quería que rematase sen facer unha lembranza dos bos momentos vividos durante os meses que compartimos xuntos.

Por iso hoxe vos pido que vos paredes un momentiño a pensar e a recordar cales foron para ti os mellores momentos que este ano pasaches no cole! Despois, deixa o teu comentario contando ese día no que desfrutaches, ou esas actividades que che gustaron ou calquera cousa que ti queiras recordar!

Entre todos podemos crear un ALBUM DA MEMORIA deste curso que foi tan raro, pero á vez tan especial!

PD: se comentas como anónimo, non esquezas poñer o teu nome no comentario!

Ademais, lembrade que mañá  xoves é o día da videochamada!! Estade atentos ao reloxo e sobre as 12:00 conectádevos! 

Que teñades un bo día! :)

15 comentarios:

  1. Os meus momentos favoritos foron eses dous días nos que non había colexio que se coñecen como os deuses do descanso: Sábado e Domingo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que pena Hugo que non teñas ningún recordo bo do curso escolar. E iso que fixemos unha morea de cousas! Apertas :)

      Eliminar
  2. PD: O meu segundo momento favorito foron eses días nos que a profe non nos puxo deberes.

    ResponderEliminar
  3. Bos días profe, son Lucía. Grazas a esta publicación puiden recordar todos aqueles momentos divertidos nos que nos reíamos, faciamos actividades en grupo,... e eu sinto que eses recordos levaremolos con nós toda a vida.

    Unha aperta moi forte!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que bonitas palabras Lucía! Non todo foi traballar, tamén tivemos momentos para pasalo ben aprendendo! Grazas por compartir os teus recordos! Apertas :)

      Eliminar
  4. Hola profe son Adri .
    Como Lucia os recordos mais bonitos foron cando traballabamos en grupo e xogabamos en ximnasia a competir , ainda que as veces enfadabamosnos .
    Unha aperta enorme e hasta maña.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oxalá para o próximo curso poidamos seguir facendo máis traballiños en grupo e creando recordos xuntos!

      Eliminar
  5. HOLa profe o meu recordo preferido e carnaval porque o pasamos Xenia facendo de playeros unha alerta enorme

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela! A min tamén me parece un dos mellores momentos do curso! Ibades todos guapísimos e o baile saiuvos xenial! :)

      Eliminar
  6. Hola profe soy Uxío tengo muchos recuerdos buenos:
    - Todos los trabajos en grupo.
    - las cartas a los mayores y su visita
    - me gustaron mucho los festivales de navidad y carnaval
    - practicar el baile para carnaval

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que bos recordos Uxío! Alégrame moito que o pasases tan ben no cole! :)

      Eliminar
  7. Hola profe un dos meus momentos favoritos deste curso foi no festival de carnaval e cando en vlores estabamos decorando a aula.
    Moitas apertas :):):)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Carlota! Pois si, o festival de entroido foi moi divertido! E o baile saiuvos xenial! :)

      Eliminar
  8. Hola profe son Esteban quedouvos un video magnífico e moi chuli. Un aperta e bo verán!! 😄

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Esteban! Alégrame moito que chegustara! Feliz verán a ti tamén!

      Eliminar

Non esquezas poñer o teu nome!