mércores, 10 de xuño de 2020

AS EMOCIÓNS

Ola a todos e todas!

Hoxe imos falar dun tema distinto...das EMOCIÓNS!
Pois é moi importante identificar como nos sentimos, poñerlle un nome as nosas e emocións e poder buscar así solucións para sentirnos mellor!

Deixovos un vídeo onde para amprender máis sobre as emocións:


Seguro que moitos de vós durante todos estes meses nos que non podiamos saír da casa vos sentistes de maneira diferente: preocupados polo virus, tristes por non poder estar coas persoas que queríades, alegres por poder compartir tempo coa familia, disgustados por non poder saír da casa...

No seguinte documento podedes atopar máis información sobre as emocións e actividades relacionadas con algunhas emocións básicas como o enfado, a tristeza, o medo...



Por último, traivos un XOGO que fixemos coa colaboración do alumnado de Valores Sociais a e Cívicos
Como sabedes, como medida contra o virus, todas as persoas maiores de 6 anos deben usar MASCARILLA cando non se poida gardar a distancia social de 2 metros. Coa nosa cara expresemos moitísimas emocións, pero ao levala medio tapada só nos queda a nosa mirada para expresar sentimentos.

A ver se sodes quen de recoñecer que queren expresar os vosos compañeiros!

7 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Encántame Patri. E a actividade das mascarillas paréceme xenial! Boa idea. Que divertido ver como os nenos/as expresan distintas emocións só cos ollos! Noraboa por tanto traballo! Apertas para 5°.
      Ana.

      Eliminar
  2. Hola profe son Adri vin o vídeo e xogei ao xogo .
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Hola profe, son Lucía, miña nai mais eu rimonos moito co xogo, gustounos moito as dúas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Hola profe xa vin o vídeo e gustoume moito.
    Unha aperta enorme :)

    ResponderEliminar
  5. Olvidouseme poñer que tamen xoguei ao xogo das emocions 😂😂😂
    Moitas apertas :)

    ResponderEliminar
  6. Hola profe soy Uxio me moló el vídeojuego ;)

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome!