luns, 8 de xuño de 2020

Seguimos con Lengua...

Ola a todos e todas!
Comezamos unha nova semana...a por ela!

Hoxe continuamos repasando Lingua Castelá cuns recursos para traballar a comprensión de textos escritos pero tamén da linguaxe oral.

Comprensión escrita: pinchando na imaxe tedes acceso a diferentes textos. Escolledes os que máis vos gusten, facedes a lectura ben atentos e despois respondedes as preguntiñas que propoñen.

Comprensión oral: primeiro debedes ver e escoitar con atención o vídeo dun episodio da serie "Los Thundermans". Despois pasades a responder as preguntas...a ver se estivestes atentos!


Ademais destes, recordade que hai publicacións antigas con máis recursos para traballar e repasar diferentes contidos de todas as materias. Animádevos a mirar en publicacións anteriores!


 E BOA SEMANA A TODOS! ;)

4 comentarios:

  1. Hola profe son Sabela fixen algún dos textos e vin o video e respondin as preguntas, acertei en todo e o texto que mais me gustou foi o de Alaska porque aprendin curiosidades, durante o dia de hoxe vou ler algúns textos mais e a responder preguntas.
    unha aperta!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola profe son Adri gustaronme moito as actividades , respondin as preguntas e vin o video tamen lin os textos o que mais me gustou foi as curiosidadaes do ornitorinco porque aprendin moitas cousas sobre el.
    Siguirei lendo os textos que me faltan
    unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Ola profe encantaron me as actividades e o video. Tamen respondin as preguntas. Os textos que mais me gustaron foron o de houdini e o da auga en marte apéndice moito sobre houdini e o planeta marte
    Bicos😘

    ResponderEliminar
  4. Ola profe son Uxío encantaronme as actividades

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome!