luns, 15 de xuño de 2020

Por fin...!!

Ola a todos e todas!
Hoxe comezamos a semana cunha publicación moi especial...o CONTO ENCADEADO!!

Trátase dun conto único no mundo, pois foi creado de maneira conxunta por varios alumnos e alumnas da clase, que quixeron participar nesta historia.

Aquí vola deixo! Espero que vos guste tanto como a min!! Os vosos compis teñen unha imaxación incrible!

Se queredes ampliar o texto e a imaxe, pinchade nos 3 puntiños da dereita e despois nas frechas.

Desfrutade da lectura...
Non vos falta algo neste conto?? Efectivamente... non ten título!! Para solucionar este enredo, propóñovos unha actividade: escribe un comentario co TÍTULO que lle poñerías a esta historia.
Animádevos a participar!!

12 comentarios:

  1. Que bonito conto! Gustoume moito. Noraboa a estes nenos e nenas, pois están cheos de imaxinación. Apertas para todos/as!
    Ana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas profe polas túas palabras! A verdade que fixeron un moi bo traballo! :)

      Eliminar
  2. Hola profe son Adri gustoume moito o contó e moi divertido e bonito ademáis esta feito por todos nos e eso ten moito mérito.Profe teño unha pregunta maña temos qué ensinarche as libretas?
    Unha aperta enorme e hasta maña.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Adri! Alégrame moito que che gustara! Como ti dis, ten moito mérito que vos seades os creadores, e dende a distancia!
      En canto ás libretas, non me tedes que ensinar nada. Só devolver os libros. Apertas :)

      Eliminar
  3. Hola profe encantoume o conto o titulo que se me ocorre e “ as aventuras de Odón” espero que che guste eu teño tamen unha pregunta respecto a maña hay que entregar as fichas ou quedamos nos con elas?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela! Gústame moito ese título! Boa idea! Non tedes que entregar nada, ese traballo é para vós. As actividades que eran de entregar xa as fun pedindo ao longo destes meses. Unha aperta :)

      Eliminar
  4. Hola profe son Adri esqueceume o título. Ocurriuseme "Odón e Alba"ou senon" A aventura de Odón e Alba "
    Unha aperta enorme.

    ResponderEliminar
  5. Hola profe soy Uxio me gusto el cuento sabes que tengo el mejor titulo: a super historia.
    ¿Podemos pasar el cuento a papel?

    ResponderEliminar
  6. Hola Profe!
    Esta muy chulo el cuento. Mi titulo "Aventuras cos amigos"
    Saludos a todos
    Enrique

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Enrique!Alégrome que che gustara! Bo título! Gústame moito :)

      Eliminar

Non esquezas poñer o teu nome!